XXIII Xornadas de Filosofía e Metodoloxía da Ciencia 2.018
 
“Xornadas sobre Ciencia e Cine: Unha Relación Bidireccional”
Días 8 e 9 de marzo de 2.018
 
Gregory Currie é Catedrático na Universidade de York (Reino Unido). É coeditor con John Worrall dos Philosophical Papers de Imre lakatos (Cambridge University Press, 1978). Formouse na London School of Economics e na Universidade de California en Berkeley (Fullbright Scholar). Foi mestre en universidades de Nueva Zelanda (Otago), Australia (Sidney e Adelaida) e Estados Unidos. Dende 2013 forma parte do departamento de Filosofía da universidade de york. É editor executivo da revista filosófica Mind and Language.
 
Entre os seus libros figuran The Nature of Fiction (Cambridge University Press, 1990), Imagine and Mind: Film, Philosophy and Cognitive Science (Cambridge University Press, 1995), Narratives and Narrators: A Philosophy of Stories (Oxford University Press, 2010) e Fiction and Cognition (Oxford University Press, 2017). Foi coeditor do libro Popper and the Human Sciences (1985), con Alan Musgrave, e autor de traballos como “Fiction as Transcultural Entity” (2014) e “Methods in the Philosophy of literature and Film” (2016).
 
Joseph W. Dauben é Catedrático Distinguido da Universidade da Cidade de Nueva York (Graduate Center/Lehman College). Realizou a Tese Doctoral na Universidade de Harvard. Especialista na Historia da Matemática e na Revolución científica. Foi membro do Institute for Advance Study (Princeton) e de Clare Hall (Universidad de Cambridge).
 
Dauben é membro do comité executivo da Sección de Historia e Filosofía da Ciencia da Academia de Ciencias de Nueva York e miembro honorario da Academia China de Ciencias. É autor de publicacións influíntes como Georg cantor. His Mathematics and Philosophy of the Infinite (Harvard University Press, 1979/Princeton University Press, 1989) e “Conceptual Revolutions and the History of Mathematics: Two Studies in the Growth of Knowledge” (1992) e coautor de Fuzzy logic and Mathematics: A Historical Perspective (oxford university Press, 2017).
 
David A. Kirby é Senior Lecturer na Universidade de Manchester. Realizou a tese doctoral en xenética (Universidade de Maryland). Fixo despois unha transición ás ciencias da comunicación, a través das universidades de Cornell y Duke, para traballar posteriormente no  centro de Historia da ciencia, a tecnoloxía e a Medicina de Manchester.
 
Publicou sobre o cine, a Xenética e a Biotecnoloxía e explorou a colaboración entre os científicos e a industria do entretenemento. O seu libro máis coñecido é Lab Coats in Hollywood: Science, Scientists and Cinema, publicado en The MIT Press en 2011, con especial repercusión en medios de comunicación. Entre as sías publicacións figura “Cinematic Science: The Public communication of science and technology in Popular Film” (2014).
 
Brian Keeley é Catedrático en Pitzer College de California, especializado en Filosofía da Neurociencia, Ciencia Cognitiva e a Filosofía da Mente. Doctorouse pola Universidade de San Diego e foi Fellow do Center for Philosophy of Science (Universidade de Pittsburgh) e profesor visitante no Centre for the Foundations of Science da Universidade de Sidney. É autor de publicacións como “What is the Sixth Sense – Electroreception?” (2010), “Sense and Synesthesia” (2013) e “Speculative Fiction and the Philosophy of Perception” (2015).
 
Pedro Jesús Teruel é Profesor Titular na Universidade de Valencia. Desenrrolou a súa formación en España, Alemania, Holanda e Italia. A súa investigación prestou particular atención á antropoloxía Filosófica e a teoría do coñecemento. As súas publicaciones incluen os libros Mente, cerebro e antropoloxía en Kant (2008) e Filosofía e Ciencia en Hipatia (2009). Como editor coordinou Ingmar Bergman, buscador de perlas. Cine e Filosofía na obra dun mestre do século XX (2008/2009) e Kant e as ciencias (2011). É autor de “dementia sequor. Interpretación neurofilosófica do fenómeno da akrasia” (2016).
 
Descarga o programa en pdf “Xornadas sobre Ciencia e Cine: Unha Relación Bidireccional”