Visitas Guiadas Gratuítas ‘Ferrol Universitario’

A arquitectura e configuración do campus de Esteiro son de por si un importante patrimonio da Universidade da Coruña. O núcleo do que se partiu, o antigo Hospital de Dolores, foi vanguardista na súa época – nos albores do século XX – e os edificios que se construíron ao seu redor cando o conxunto foi cedido á Universidade recibirán tamén premios arquitectónicos, polo que se trata dun patrimonio que paga a pena coñecer e que debemos pór en valor.

Este é o obxectivo das visitas guiadas gratuítas para percorrer os edificios e xardíns e para aportarlles aos visitantes tanto o contexto histórico como as principais características do campus.

A terceira das visitas terá lugar o vindeiro sábado 26 de maio ás 11.00 horas.

Prazas disponibles: 30 (por rigorosa orde de inscrición)

Pódese reservar praza chamando ao 881 013 621 ou enviando un email a oficina.campusindustrial@udc.es

Formulario de inscrición en liña.

Próximas datas: Pendente de confirmación.