RESIDENCIA
PÚBLICA

A

residencia universitaria pública atópase no centro de Ferrol, concretamente no barrio da Magdalena, nun edificio cedido pola Xunta de Galicia e o Concello de Ferrol, con fácil accesibilidade aos campus universitarios tanto de Esteiro como de Serantes.
O barrio da Magdalena é un exemplo do urbanismo racional da época da Ilustración e foi declarado conxunto histórico‐artístico en 1983.
A residencia, que comezou a súa andadura no curso 2013/2014, ten un total de 22 prazas (unha delas adaptada para persoas con discapacidade e dúas reservadas para estudantes estranxeiros), repartidas en habitacións individuais e dobres.
Entre outros servizos, conta con cociña e lavandería para o uso por parte dos residentes.