CIDADE
DA ILUSTRACIÓN E OS CONTRASTES

F

errol é unha cidade da Ilustración. No noroeste peninsular, nunha ría fortificada por dous castelos, a súa situación fixo desta cidade un enclave fundamental para a Armada española e un referente internacional polos seus modernos estaleiros. Ferrol nace da razón e, nesta contorna, non é de estrañar que a Universidade da Coruña asentase un dos seus principais Campus universitarios.
O espírito racionalista da Ilustración perdura no patrimonio cultural, arquitectónico, industrial e naval de Ferrol, cidade construída na súa relación co mar e onde basta con afastarse do núcleo urbano para descubrir praias espectaculares coma Doniños ou Pantín.

Ferrol é a cidade dos contrastes. A ría que leva o seu nome, as súas rúas medievais, as construcións militares e os castelos fortificados.

CASTELOS

Castelos de San Felipe e de Palma

Nas dúas beiras da entrada á ría de Ferrol atópanse os castelos de San Felipe e A Palma, que antigamente uníanse mediante unha cadea e servían de protección á cidade.

En tempos de Felipe II ergueuse un primeiro castelo para a defensa da ría de Ferrol e os ataques por terra. Reformouse entre 1731 e 1775 e constitúe un dos exemplos máis representativos das grandes baterías abaluartadas do século XVIII.

Con magníficas vistas sobre a ría e o Castelo de Palma, cuxa reconstrución data de 1869, San Felipe foi adquirido polo Concello de Ferrol e fíxose susceptible de remodelación para usos culturais.

PRAZAS

Praza de Amboage

Construída en 1769 como Praza de Dolores e empregada polos vendedores de artigos de primeira necesidade, a praza de Amboage foi testemuña, en 1896, da inauguración da estatua do marqués que lle deu o nome que perdura hoxe en día, consolidándose como praza de recreo e albergando anos despois o monumento aos caídos.

Praza de Armas – Concello –

A praza de Armas de Ferrol está presidida polo palacio municipal, que data de 1953.

Praza de España

Emprazada nunha zona intermedia entre a parte antiga e a parte nova da cidade, e moi preto das estacións de autobuses, a praza de España acolle a Biblioteca Municipal Central de Ferrol.

BARRIO DA
MAGDALENA

Exemplo do urbanismo racional da época da Ilustración, o barrio da Magdalena é un perfecto rectángulo, con longas rúas e rectas entrecruzadas.

Unha perpendicularidade no trazado que se suma ás primeiras edificacións en Galicia con galería acristalada, que datan do século XIX e que levaron ó barrio a ser declarado conxunto histórico-artístico en 1983.

barrio-2-magdalena-campus-industrial

TEATRO
JOFRE

No centro de Ferrol atópanse outros edificios emblemáticos. O Parador Nacional de Turismo, unha mansión señorial de aire mariñeiro e o Teatro Jofre, unha das obras de arquitectura teatral máis importantes da España do século XIX, son algúns exemplos.

O interior do Teatro Jofre, de espléndida acústica e fermosa decoración, é testemuña da actividade cultural de Ferrol.

TEATRO-JOFRE-CAMPUS-INDUSTRIAL

CASA
PEREIRA

Edificio modernista do arquitecto Rodolfo Ucha Piñeiro emprazado na rúa Dolores número 64, en pleno barrio da Magdalena. A súa fachada está repleta de balcóns xunto a elementos de carácter propio que, en conxunto, acentúan a súa verticalidade.

CASA-PEREIRA-CAMPUS-INDUSTRIAL

PORTO
DE FERROL

O de Ferrol é o porto de maior actividade comercial dos que xestiona a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao. Debido á súa estratéxica posición xeográfica, acolle un tráfico continuo de buques mercantes, pesqueiros, militares e embarcacións de recreo.

O porto domina a ría de Ferrol, que baña as costas dos municipios de Ares, Mugardos, Fene, Neda, Narón e o propio Ferrol, á que se accede entre Punta Coitelada e o Cabo Prioriño Chico, onde está situado o Porto Exterior .

PUERTO

PRAIAS

Contan as crónicas que a praia de Doniños contribuíu á derrota da armada inglesa cando máis dun centenar de navíos desembarcaron en 1800 dispostos a tomar Ferrol. Máis de dous séculos despois, Doniños é unha praia de ámbito rural, de area branca, ventosa e cunha forte ondada que proporciona ao lugar un forte atractivo para surfistas.

Pantín é ideal para os deportes náuticos. Acolle cada mes de setembro o Pantín-classic, no marco do campeonato do mundo de surf.

Praia de Doniños

Praia de Pantín

INDUSTRIA

Polígono Río do Pozo

Río do Pozo é o terceiro polígono industrial, por extensión, de Galicia, por detrás dos polígonos de San Cibrao e de Sabón.

Emprazado no municipio de Narón, comezou a funcionar en 1993 e, co paso dos anos, converteuse no motor económico, industrial e comercial da comarca de Ferrolterra.

RIO-POZO

Grupo Megasa

As plantas de Megasa Siderúrxica e Megamalla atópanse en Narón, nunha estratéxica posición xeográfica a nove quilómetros do porto de Ferrol.

Megasa adícase á produción de produtos siderúrxicos de diferentes medidas e calidades para a construción. Megamalla, pola súa banda, fabrica malla electrosoldada de aceiro e separadores.

MEGASA

NAVAL

O Campus de Ferrol aséntase nun contexto territorial onde a estrutura produtiva estivo, dende a súa orixe, orientada ao sector naval, que configura a súa identidade e que foi diversificándose e articulándose a través doutras industrias que fan da comarca de Ferrolterra un dos polos industriais de Galicia.
Á beira da ría nacen os estaleiros, sendo a construción de grandes barcos a actividade que caracteriza Ferrol desde o século XVIII. Convértese entón nunha cidade industrial, á vangarda da modernidade.

NAVANTIA

Navantia

Con instalacións en Fene e Ferrol, Navantia conta con algúns dos medios tecnolóxicos máis avanzados no mundo para construción naval e cun revolucionario modelo de produción baseado na construción integrada.
Navantia posúe ademais un recoñecido percorrido na reparación e conversión de buques

PUERTO-EXT

Porto Exterior

Cunha superficie de 100 Hectáreas ao abrigo do cabo Prioriño Chico e da enseada Caneliñas, o de Ferrol foi o primeiro porto exterior de Galicia.
O porto posúe un dique de abrigo de 1.067 metros de lonxitude cimentado sobre terreo natural, un peirao de ribeira de 1.415 metros de longo cun calado de 20 metros e un peirao auxiliar de 145 metros de lonxitude e 10 de calado.