VIVE
O DEPORTE

A

Área de Deportes da UDC ofrécelle á comunidade universitaria a oportunidade de participar en distintas actividades deportivas segundo os seus obxectivos.

EXERCICIO
E SAÚDE

As actividades rexeranse polo calendario académico universitario do curso actual.
Os inscritos no primeiro cuadrimestre terán preferencia para a reserva da mesma praza no segundo cuadrimestre.
A Área de Deportes resérvase o dereito de suspender algunha actividade no caso de non alcanzar unha participación mínima ao remate do prazo de inscrición para a comunidade universitaria. Cómpre consultalo no momento da inscrición.