COMEDOR
UNIVERSITARIO

O

comedor universitario do Campus de Esteiro atópase na planta baixa do Centro Cultural Universitario, emprazado entre a Facultade de Humanidades e a Escola Politécnica Superior e onde tamén se atopan as oficinas de Cooperación e Voluntariado, Cultura e Deportes.

Entre 1994 e 2010, o comedor universitario ocupaba o actual Centro de Investigacións Tecnolóxicas 2, edificio cunha bóveda de ventilación do proxecto Tollet que, de acordo cos datos dispoñibles, é a única no mundo dentro da súa tipoloxía.