DIÁLOGO COA
SOCIEDADE

O

Centro de Estudos de Xénero e Feministas da Universidade da Coruña (CEXEF) é un espazo de investigación de carácter aberto e multidisciplinar no que teñen cabida todas aquelas persoas que desenvolven liñas investigadoras en materia de xénero e/ou feminismo. Está composto por profesorado que leva anos traballando nestes ámbitos con traxectorias xa consolidades e tamén por persoas que inician o seu percorrido na área do xénero.

O CEXEF quere ser un espazo de encontro e de diálogo en permanente contacto coa realidade social máis próxima, así coma con redes de traballo e comunicación que permitan establecer conexións con outras latitudes.

A directora do Centro é Rosa Cobo Bedía, profesora da Facultade de Socioloxía.

CONTACTO

Pavillón de Estudantes – 1.º andar
Campus de Elviña – A Coruña
Tel: 981 167000 ext. 2388
cexef@udc.es