AMPLA
OFERTA CULTURAL

O

Centro Cultural Universitario de Esteiro acolle a oferta cultural do Campus, tanto os cursos e obradoiros (arte, teatro, música, fotografía…), como os ciclos de cinema ou exposicións. Nel atópase a propia Oficina da Área de Cultura de Ferrol e dispón de dúas aulas multiusos, unha ampla sala de exposicións e unha sala de proxección dotada cos máis modernos equipos de imaxe e son.

Aquí poderedes atopar información de interese sobre a oferta cultural do Campus, que comprende exposicións, diferentes obradoiros, ciclos, teatro, danza e actividades de extensión universitaria que queren dar resposta ás demandas culturais tanto das persoas que pertencen á comunidade universitaria como das que non son parte da mesma.