Este novo Programa de Doutorado está organizado pola Universidade da Coruña coa colaboración de profesores da Universidade Complutense de Madrid. O Programa está dirixido cara a investigación, o desenrolo e a innovación (I+D+i) en tres grandes ámbitos temáticos: as Ciencias da Documentación, as Ciencias da Comunicación e as Humanidades.

Tense especialmente presente no Programa de Doutorado a contribución de Internet e os desenrolos no campo das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TICs), que inciden nas perspectivas dos tres grandes campos temáticos do Programa. A súa vez, para os doutorandos que desexen especializarse nunha serie de liñas de investigación do Programa, cabe a posibilidade de realizar estancias no Centro de Investigación de Filosofía de la Ciencia e a Tecnoloxía, dentro del Campus Industrial, situado en Ferrol.

Obxectivo principal: A elaboración da Tese Doutoral

Os estudantes poden alcanzar as capacidades necesarias, tanto metodolóxicas como de técnicas procedimentais, para facer posible a realización, presentación e defensa dunha Tese Doutoral na que se plasme a obtención de novo coñecemento (básico, aplicado o de aplicación efectiva) nun ou varios dos ámbitos temáticos presentados: as Ciencias da Documentación (Information Science), as Ciencias da Comunicación ou as Humanidades (principalmente, Filosofía e Historia).

O Programa pode interesar en maior medida a varios tipos de estudantes:

a) os que realizaran un Mestrado —sobre todo, si é un Mestrado oficial (RD 1393/2007)—, principalmente nos campos temáticos relacionados coa Documentación, a Comunicación ou as Humanidades;
b) aqueles estudantes que teña estudos equivalentes a unha Licenciatura (cinco anos académicos) nos ámbitos temáticos da Documentación, a Comunicación ou as Humanidades; e
c) os estudantes que realizaran un Programa de Doutorado anterior (por exemplo, con un Diploma de Estudios Avanzados ou con suficiencia investigadora) neses campos temáticos e agora desexen presentar a Teses Doutorales.

Información del Programa de Doutorado

Para cuestións de tipo académico: Prof. Wenceslao J. González, Coordinador del Programa de Doutorado na Universidade da Coruña: wencglez@udc.es
Acerca de cuestións administrativas: Patricia Estévez, na Unidade de Apoio a Departamentos e Investigación (UADI) en el Campus de Ferrol: uadi.esteiro@udc.es

Procedemento de admisión

As solicitudes de acceso realízanse a través da páxina web da UDC, a través da Secretaría Virtual del estudante. A documentación xustificativa entregase na UADI no Campus de Ferrol (Calle Dr. Vázquez Cabrera, s/n; 15403-Ferrol, A Coruña).

O prazo de preinscripción no Programa de Doutorado en 2018: Do 10 de agosto ao 14 de setembro.

Detalles adicionais

Outros detalles adicionais do Programa de Doutorado —mestres que participan e liñas de investigación— están expostas no documento en formato pdf ao efecto.

CONTACTA CON NÓS