A Universidade da Coruña ofrece o Programa de Doutorado de Lóxica e Filosofía da Ciencia, dentro do Campus Industrial, situado en Ferrol (A Coruña, España).

É un Programa de Doutorado interuniversitario. Participan as Universidades de Salamanca, A Coruña, La Laguna, Santiago de Compostela, Valladolid e Valencia, así como Instituto de Filosofía del CSIC. O seu obxectivo é formar Doutores nos distintos ámbitos da Área de Lóxica e Filosofía da Ciencia e dos Estudios sociais da Ciencia e a Tecnoloxía.

Distínguense doutros Programas, máis xeneralistas, polo seu carácter netamente especializado. Isto fai que sexa extraordinariamente valorado no ámbito académico europeo e iberoamericano.

Este Programa tamén ofrece a posibilidade de realizar estancias no Centro de Investigación de Filosofía da Ciencia e a Tecnoloxía, que tamén está situado dentro do Campus Industrial de Ferrol.

En conxunto, o Programa de Doutorado busca formar investigadores altamente cualificados en Lóxica e Argumentación, Filosofía da Ciencia, Filosofía da Linguaxe e Estudios Sociais da Ciencia e a Tecnoloxía, capaces de responder as crecentes demandas sociais neste ámbito. No caso da Universidade da Coruña dase prioridade ás investigacións relacionadas con Filosofía da Ciencia e a Tecnoloxía.

Perfil de admisión recomendado

O Programa interuniversitario de Doutorado en Lóxica e Filosofía da Ciencia deseñase co obxectivo de atender fundamentalmente á demanda dos actuais titulados universitarios que desexen recibir unha especialización adicional ou formación investigadora e que realizaran un Mestrado relacionado co campo da Lóxica e a Filosofía da Ciencia, aos estudantes de sistemas universitarios estranxeiros que desexen cursar Estudios de Doutorado no noso país, e á de profesionais titulados universitarios que decidan actualizar o seus coñecementos e destrezas ou modificar o seu perfil. Os nosos estudantes serán previsiblemente das seguintes titulacións:

‐ Titulados en Filosofía (graduados que realizaran un mestrado afín ao Programa de Doutorado o Doutores que desexen variar o seu perfil).
‐ Titulados na área das Ciencias da Natureza, Matemáticas e Informática (Graduados o Doutores que realizaran un Mestrado afín ao Programa de Doutorado).
‐ Titulados na área das Ciencias Sociais e Filoloxías (Graduados ou Doutores que realizaran un Mestrado afín ao Programa de Doutorado).

É necesario que o investigador en formación poida ler correctamente textos filosóficos e científicos ao menos en español e inglés.

Información do Programa de Doutorado

Para cuestións de tipo académico: Prof. Wenceslao J. González, Coordinador do Programa de Doutorado na Universidade da Coruña: wencglez@udc.es
Acerca de cuestións administrativas: Patricia Estévez, na Unidade de Apoio a Departamentos e Investigación (UADI) no Campus de Ferrol: uadi.esteiro@udc.es

Procedemento de admisión

As solicitudes de acceso realízanse a través da páxina web da UDC, a través da Secretaría Virtual do estudante. A documentación xustificativa entrégase na UADI no Campus de Ferrol (Calle Dr. Vázquez Cabrera, s/n; 15403-Ferrol, A Coruña).
O prazo de preinscripción no Programa de Doutorado en 2018: Do 10 de agosto ao 14 de setembro.

Detalles adicionais

Outros detalles adicionais del Programa de Doutorado puiden verse nas seguintes páxinas web:

Na Universidade da Coruña:
http://estudos.udc.es/es/study/start/5025v01

Na Universidade de Salamanca, na páxina web para o conxunto do Programa de Doutorado interuniversitario:
https://doctoradologifici.usal.es/

CONTACTA CON NÓS