ACCESO AO
MUNDO LABORAL

A

unidade de emprego da Universidade da Coruña está integrada no Servizo de Atención e Promoción do Estudante (SAPE), que forma parte da Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria. O seu obxectivo é proporcionar ao estudantado orientación, información e formación de cara á mellora da súa empregabilidade no acceso ao mundo laboral. As competencias da Unidade están relacionadas co impulso institucional nos ámbitos das prácticas externas, o emprendemento e as políticas activas de inserción laboral.
A Universidade da Coruña é centro colaborador do proxecto YUZZ . Este proxecto é máis ca un concurso empresarial, xa que, ademais de ofrecer máis de 250.000€ en premios, tamén aporta ás persoas participantes formación, apoio e asesoramento personalizado durante o desenvolvemento do plan de negocio.