Facultade de
Humanidades e Documentación

Grao en Xestión Industrial da Moda

240 créditos

DESCRICIÓN

O Grado en Xestión da Moda pretende ampliar o coñecemento do estudante e que este adquira competencias sobre a xestión de todas as partes da cadea de valor da industria da moda.

Preséntase como unha aproximación a este sector dende unha perspectiva global que abordará cuestión relativas ao deseño, ao management, á enxeñaría de procesos, aos sistemas de información e sostibilidade co obxecto de especializa aos futuros profesionais que xestionen as empresas do sector da moda.

POR QUE ESTUDAR A TITULACIÓN?

Os estudos no Grao en Xestión Industrial da Moda perseguen que o alumnado amplíe os seus coñecementos e adquira competencias sobre a xestión de todas as pezas da cadea de valor da industria da moda.

O grado está dirixido a mozos e mozas con inquedanzas, actitude proactiva, interesados no munda da moda e con ganas de desenvolver proxectos internacionais que lles permitan sacar o máximo partido a un grao universitario diferente e esixente baseado nunha metodoloxía baseada na experiencia e activa.

Requisito de admisión (NIVEL DE INGLÉS REQUIRIDO)

O Grao en Xestión Industrial da Moda é un grao bilingüe en inglés e castelán. Como requisito de acceso deberase acreditar un nivel mínimo de inglés B1 ou equivalente antes do 1 de xuño do 2018. O Centro de Linguas da Universidade da Coruña realizará as probas de inglés no mes de maio do 2018. Consulta as data do examen na web neste enlace.

Escola
Politécnica Superior

Mestrado en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos

120 créditos

DESCRICIÓN

O Mestrado en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos é un título oficial que aborda as temáticas necesarias para facer do seu alumnado profesionais completos que sexan quen de aportar solucións creativas nunha industria cada vez máis dinámica e necesitada de talento.

O Mestrado céntrase no deseño, desenvolvemento e a comercialización de videoxogos, a través de dúas especialidades en función das necesidades actuais deste sector: Arte e Tecnoloxía para os Videoxogos ou Programación e Aplicacións Avanzadas.

POR QUE ESTUDAR A TITULACIÓN?

Estes estudos de mestrado están dirixidos a aqueles estudantes interesados en achegárense a un sector con amplas perspectivas de crecemento e desenvolvemento no eido laboral.

Calquera egresado/a de Comunicación Audiovisual, Enxeñaría Informática, Deseño Industrial, Belas Artes, Administración e Dirección de Empresas, Economía… con interese na industria do videoxogo, inquedanzas internacionais e ganas de ampliar as súas perspectivas laborais ten neste mestrado unha oportunidade única para completar as súas competencias e coñecementos; converténdose nun profesional que encaixe nas demandas do sector da industria dos videoxogos.