Escola
Politécnica Superior

Mestrado Universitario en Enxeñaría Industrial

90 créditos

DESCRICIÓN

O Mestrado Universitario en Enxeñaría Industrial, continuación das titulacións oficiais dos graos en Enxeñaría Industrial, proporciona os coñecementos científicos e tecnolóxicos necesarios para acceder aos postos de maior responsabilidade na industria.

Trátase dun título de mestrado oficial cunha orientación profesional e coas competencias que se establecen na Orde CIN/311/2009 (BOE n.º 42, do 18 de febreiro de 2009), polo que habilita para o exercicio da profesión regulada de enxeñeiro/a industrial.

Así mesmo, este mestrado permite entrar en contacto directo cos grupos e programas de investigación que se desenvolven na Escola Politécnica Superior e que teñen a súa continuidade no doutoramento.

O estudo está verificado e pendente de publicación.

POR QUE ESTUDAR A TITULACIÓN?

Unha profesión fascinante… Este mestrado capacitarate para traballar en diversos sectores ligados ao ámbito da enxeñaría industrial: electricidade, automática e electrónica, mecánica, construción, máquinas, materiais, organización industrial, química e técnicas enerxéticas, entre outros.

Mestrado Universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica

90 créditos

DESCRICIÓN

O Mestrado Universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica, continuación das titulacións oficiais dos graos en Arquitectura Naval, en Enxeñaría en Propulsión e Servizos do Buque e en Enxeñaría Naval e Oceánica, proporciona os coñecementos científicos e tecnolóxicos necesarios para o acceso aos postos de maior responsabilidade na industria mariña.

Trátase dun título de mestrado oficial cunha orientación profesional e coas competencias que se establecen na Orde CIN/354/2009 (BOE n.º 44, do 20 de febreiro de 2009), polo que habilita para o exercicio da profesión regulada de enxeñeiro/a naval e oceánico/a.

Así mesmo, este mestrado permite entrar en contacto directo cos grupos e programas de investigación que se desenvolven na Escola Politécnica Superior e que teñen a súa continuidade no doutoramento.

O estudo está verificado e pendente de publicación.

POR QUE ESTUDAR A TITULACIÓN?

Unha profesión fascinante… Este mestrado capacitarate para traballar en sectores ligados ao ámbito da enxeñaría naval e oceánica (proxecto, enxeñaría de fabricación, dirección de obra, inspección técnica, seguridade, salvamento e rescates, apoio loxístico, plans de mantemento, transformacións, reformas e grandes reparacións, xestión de industrias marítimas etc.) que se desenvolven, principalmente, sobre os seguintes sistemas tecnolóxicos:

  • Buques e embarcacións de todo tipo
  • Plataformas e artefactos flotantes e fixos (diques flotantes, dragas e artefactos auxiliares para a construción e o mantemento de portos e costas, artefactos para a explotación e o aproveitamento de recursos mariños etc.)
  • Tecnoloxía en mar aberto (offshore)
  • Acuicultura e sistemas de pesca
  • Industrias marítimas (estaleiros, navieiras etc.)

Mestrado Universitario en Materiais Complexos: Análise Térmica e Reoloxía

60 créditos

DESCRICIÓN

O Mestrado Universitario en Materiais Complexos: Análise Térmica e Reoloxía é unha titulación dupla(obtense un título en Francia e outro en España) nunha temática con presente e futuro: os materiais complexos.

Este mestrado duplo dá a oportunidade de poder estudar na Universidade da Coruña e a prestixiosa Université Paris Diderot (pertencente á Sorbonne Paris Cité), con acceso aos seus laboratorios e con prácticas remuneradas en empresas francesas.

Os materiais complexos abranguen os nanomateriais, polímeros, metamateriais etc. con aplicacións en biomedicina, nanotecnoloxía, cosmética, farmacia, alimentación, enxeñaría civil… Un dos piares do avance tecnolóxico actual é o desenvolvemento de novos materiais. Os materiais complexos constitúen un campo emerxente en que as grandes compañías necesitan profesionais altamente especializados.

O estudo está verificado e publicado.

POR QUE ESTUDAR A TITULACIÓN?

O Mestrado Universitario en Materiais Complexos: Análise Térmica e Reoloxía proporciona:

  • Formación práctica e altamente especializada nos materiais complexos e as principais técnicas de investigación asociadas a estes materiais
  • Formación en técnicas avanzadas con base na gran variedade de equipamento científico das universidades participantes e un profesorado con experiencia investigadora contrastada
  • Experiencia internacional, ao se desenvolver nas dúas universidades asociadas (Université Paris 7-Paris Diderot e Universidade da Coruña)
  • Prácticas remuneradas. A maiores, o Traballo de Fin de Mestrado pode levarse a cabo en empresas españolas e francesas, así como na Universidade de Oregón (EUA)
  • Dous títulos de mestrado, un en “Materiais complexos: análise térmica e reoloxía” pola UDC e outro en “Physique de la matière molle” pola Université Paris Diderot
  • Apertura ao mercado laboral europeo e americano (EUA)

Facultade de
Ciencias do Traballo

Mestrado Universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns

60 créditos

DESCRICIÓN

As altas cifras de sinistralidade laboral e non-laboral, as políticas de prevención que está a impulsar a Unión Europea e a necesidade de formar universitariamente profesionais como técnicos de prevención en riscos laborais e riscos comúns fan que os mestrados de especialización nesta materia, como o Mestrado Universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns, estean a ser demandados con maior insistencia co paso do tempo.

O estudo está verificado e publicado.

POR QUE ESTUDAR A TITULACIÓN?

A raíz da publicación do Real decreto 337/2010, do 19 de marzo, que modifica o Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención, establécese que a formación esixida para desempeñar funcións de prevención de riscos de nivel superior debe ser acreditada por unha universidade.

Mestrado Universitario en Xestión e Dirección Laboral

60 créditos

DESCRICIÓN

As tarefas de xestión e dirección laboral poden ser analizadas desde múltiples perspectivas: xurídica, técnica, psicolóxica, sociolóxica e económica, entre outras. Así, o Mestrado Universitario en Xestión e Dirección Laboral pretende ofrecer ao seu alumnado unha formación integral, en que se desenvolvan de forma progresiva as competencias requiridas e se achegue o conxunto de comportamentos, facultades de análise, toma de decisións e transmisión da información que se consideran necesarios para o eficaz desempeño da profesión.

A natureza claramente multidisciplinar desta formación implica a articulación dos estudos de mestrado propostos, cunha ampla variedade de titulacións de acceso (graos, licenciaturas, diplomaturas e enxeñarías) en ámbitos procedentes principalmente da rama das Ciencias Sociais e Xurídicas.

O estudo está verificado e publicado.

POR QUE ESTUDAR A TITULACIÓN?

A creación deste mestrado responde á necesidade de especializar na xestión e dirección de persoas un importante número de titulados da rama das Ciencias Sociais e Xurídicas (relacións laborais, dereito, administración e dirección de empresas, economía etc.). A potencialidade do mercado de traballo á hora de absorber os profesionais dos recursos humanos, as relacións laborais e o asesoramento legal nestas materias é grande.

Escola Universitaria
Politécnica

Mestrado Universitario en Eficiencia e Aproveitamento Enerxético

72 créditos

DESCRICIÓN

O Mestrado é de carácter internacional e ofrece a posibilidade de obter unha dobre titulación co Instituto Politécnico de Bragança – Portugal.

Os estudos pódense realizar nun único curso académico e a distribución por créditos segundo o tipo de materias é o seguinte:

  • 30 ECTS – 5 Materias obrigatorias
  • 24 ECTS – 8 Materias optativas
  • 6 ECTS – Prácticas en empresas
  • 12 ECTS – Traballo Fin de Mestrado

O estudo está verificado e pendente de publicación.

POR QUE ESTUDAR A TITULACIÓN?

O obxectivo fundamental do Mestrado é a formación de titulados especializados dentro do ámbito da eficiencia enerxética, tratando de responder as esixencias que se producirán no mercado laboral como consecuencia do desenvolvemento do marco normativo relativo á eficiencia enerxética dos edificios.

O 13 de febreiro publicouse o Real Decreto 56/2016, polo que se traspón a Directiva 2012/27/UE do Parlamento Europeo e do Consello, de 25 de outubro de 2012, relativa á eficiencia enerxética, no referente a auditorías enerxéticas, acreditación de provedores de servizos e auditores enerxéticos, e promoción da eficiencia da subministración de enerxía.

A finalidade deste real decreto é o impulso e a promoción dun conxunto de actuacións a realizar dentro dos procesos de consumo enerxético que poidan contribuír ao aforro e a eficiencia da enerxía primaria consumida, así como a optimizar a demanda enerxética da instalación, equipos ou sistemas consumidores de enerxía, ademais de dispor dun número suficiente de profesionais competentes e fiables a fin de asegurar a aplicación efectiva e oportuna da citada Directiva.

Facultade de
Humanidades y Documentación

Mestrado Universitario en Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas

60 créditos

DESCRICIÓN

O estudo está verificado e pendente de publicación.

POR QUE ESTUDAR A TITULACIÓN?