EQUIPO
REITORAL

Julio E. Abalde Alonso

Reitor

Catedrático de Microbioloxía. Licenciado en Ciencias Biolóxicas en 1978 e doutor no ano 1986 pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Margarita Amor López

Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria

Profesora titular de Arquitectura de Computadores. Facultade de Informática.

Salvador Naya Fernández

Vicerreitoría de Política Científica, Investigación e Transferencia

Profesor titular de Estatística e Investigación Operativa. Escola Politécnica Superior.

Domingo Calvo Dopico

Vicerreitoría de Economía, Infraestruturas e Sustentabilidade

Profesor titular de Comercialización e Investigación de Mercados. Facultade de Economía e Empresa.

Alberto Valderruten Vidal

Vicerreitoría de Profesorado e Planificación Docente

Profesor titular de Ciencias de Computación e Intelixencia Artificial. Facultade de Informática.

Pilar García de la Torre

Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación

Profesora titular de Psicoloxía. Facultade de Ciencias da Educación.

Nancy Vázquez Veiga

Vicerreitoría de Oferta Académica e Innovación Docente

Profesora titular de Lingüística Xeral na Facultade de Filoloxía.

Araceli Torres Miño

Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social

Profesora titular de Matemáticas Aplicadas na Escola Politécnica Superior de Ferrol.

Carlos Aymerich Cano

Secretaría Xeral

Profesor titular de Dereito Administrativo da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña.

Juan M. Díaz Villoslada

Xerencia

ÓRGANOS
COLEXIADOS E ESTATUTARIOS

CONSELLO SOCIAL

O Consello Social da Universidade da Coruña é o órgano de participación da Sociedade na Universidade da Coruña (UDC), é a ponte de unión entre a Sociedade galega e a UDC. A súa misión é velar pola satisfacción das necesidades e expectativas da Sociedade por parte da universidade, promovendo a colaboración entre ambas e a excelencia na docencia, na investigación e na transferencia do coñecemento científico.

CLAUSTRO

O Claustro é o máximo órgano de representación da comunidade universitaria, ao que corresponde a elaboración dos Estatutos.
O Claustro é convocado polo reitor, logo de acordo da Mesa do Claustro, e segundo o seu Regulamento de réxime interno.

CONSELLO DE GOBERNO

O Consello de Goberno é o órgano de goberno da Universidade da Coruña.
Elabora e aproba as súas propias normas de funcionamento.
Crearanse comisións estables elixidas entre os membros do Consello de Goberno que teñen como misión preparar as decisións dela a través do estudo e informe previos dos asuntos correspondentes aos seus ámbitos materiais de competencia.

OUTROS ÓRGANOS

ÓRGANOS
DE REPRESENTACIÓN

Xunta de PDI

Comité de Empresa do PDI

Comité do Capítulo VI