O Centro de Investigación de Filosofía da Ciencia e a Tecnoloxía (CIFCYT) constituíse o 27 de setembro de 2017. O Catedrático de Lóxica e Filosofía da Ciencia, Wenceslao J. González, é o director deste Centro de Investigación.

O CIFCYT está en sintonía co que se fai noutras Universidades (como Pittsburgh o la London School of Economics) e supón unha aportación do ámbito humanístico ao Campus Industrial que se está desenrolando en Ferrol. Con este paso trátase de aproveitar as potencialidades do antecesor Grupo de Investigación de Filosofía e Metodoloxía das Ciencias do Artificial, que coordinou o propio Wenceslao J. González.

Entre os cometidos do novo CIFCYT están os seguintes: facer investigación en Filosofía da Ciencia e a Tecnoloxía; promover estancias de investigadores españois e estranxeiros; ser o Centro que da soporte ás Xornadas de Filosofía e Metodoloxía actual da Ciencia, que se celebran anualmente dende 1996; servir de marco para os Congresos dos proxectos europeos e reunións da Academia Internacional de Filosofía das Ciencias (AIPS/IAPS); constituír un lugar de encontro e asesoramento para diversas titulacións do Campus Industrial en canto a cuestións de Filosofía da Ciencia e a Tecnoloxía; e propiciar a colaboración coa Fundación Filosofía da Ciencia e a Tecnoloxía, declarada de interese galego por la Xunta de Galicia.