O Campus Industrial da Universidade da Coruña convoca o I Concurso Humanísimos, co obxectivo xeral de divulgar a importancia das Humanidades, na que poderán participar estudantes de ESO e Bacharelato matriculados nalgún centro de ensino da comunidade galega durante o curso 2017-2018.

I Concurso Humanísimos de Fotografía de Biblioteca

O Concurso Humanísimos de Fotografía de Biblioteca, ten como obxectivo xeral, divulgar a importancia das Humanidades e, en particular, dos estudos de Biblioteconomía, ademais de promover o hábito da lectura. Establécense dúas categorías: unha para alumnos/as da ESO e outra para alumnos/as de Bacharelato.

Descarga as bases da convocatoria do I Concurso Humanísimos de Fotografía de Biblioteca

I Concurso Humanísimos de Microrrelatos

O Concurso Humanísimos de Microrrelatos, ten como obxectivo xeral, divulgar a importancia das Humanidades e, en particular, de estimular a creatividade literaria. Establécense dúas categorías: unha para alumnos/as da ESO e outra para alumnos/as de Bacharelato.

Descarga as bases da convocatoria do I Concurso Humanísimos de Microrrelatos

I Concurso Humanísimos de Monólogos

O Concurso Humanísimos de Monólogos, ten como obxectivo xeral de divulgar a importancia das Humanidades e, en particular, da imaxinación, creatividade e oratoria. Establécense dúas categorías: unha para alumnos/as da ESO e outra para alumnos/as de Bacharelato.

Descarga as bases da convocatoria do I Concurso Humanísimos de Monólogos