ACTUALIDADE/

Convenio de colaboración entre a UDC e a Xerencia Integrada de Ferrol

O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde Alonso, asinou onte un convenio de colaboración co responsable da Xerencia Integrada de Ferrol, en nome do Servizo Galego de Saúde, Ángel Facio Villanueva, mediante o que , entre outros dos acordos establecidos, o departamento de Matemáticas da UDC facilitará asesoramento estatístico para mellorar a metodoloxía de investigación e a aplicación de criterios estatísticos na actividade investigadora dos profesionais e do Complexo Hospitalarios Universitario de Ferrol, CHUF.

A Facultade de Humanidades e Documentación acolle un obradoiro de mediación de conflictos

A Facultade de Humanidades e Documentación da Universidade da Coruña acolle, este xoves 10 de maio, o obradoiro ” A mediación como método alternativo de solución de conflictos”, nunha iniciativa organizada pola propia facultade en colaboración coa Asociación de Ferrolterra de Mediación. A actividade está dirixida ao alumnado e a todas aquelas persoas interesadas no tema, e terá lugar no Salón de Graos da Facultade a partires das 17.00 horas. Intervirán os mediadores Adela Fernández Luaces, Ana María Dopico Fraga e Julio Barros Casal.

Conferencia de Xurxo Mariño sobre o cerebro na Cátedra Cósme Álvarez de los Ríos UDC- Navantia

A Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos UDC – Navantia programa a última conferencia deste curso para o mércores 9 de maio, ás 19.00 horas, no Salón de Actos Concepción Arenal do Campus de Ferrol. A participación está aberta a todos os públicos. Xurxo Mariño Alfonso, biólogo e experto en Neurofisioloxía, impartirá a conferencia “A aventura do cerebro. Un paseo polas historias que axudaron a coñecer a máquina da mente”.

Humanidades e Documentación colabora co Premio de Investigación do Concello de Pontedeume

A Facultade de Humanidades e Documentación da Universidade da Coruña colabora coa organización do Premio de Investigación Concello de Pontedeume. Este xoves 3 de maio presentáronse as bases do premio na facultade nun actos que contou coa participación da decana, Manuela Santos. O tema da investigación será sobre aspectos de Pontedeume e a súa comarca desde a perspectiva etnográfica, da antropoloxía social e cultural ou da etnografía. Os traballos poden presentarse no Rexistro Xeral da Casa do Concello de Pontedeume ata o 25 de xuño. O texto premiado publicarase na revista de estudos local “Cátedra. Revista eumesa de estudos”

Experiencias de inserción laboral, a estudo no Campus de Ferrol

O salón de actos da Facultade de Ciencias do Traballo, no Campus de Ferrol, acollerá, este xoves 26 de abril, unha xornada de Experiencias e casos prácticos de inserción laboral, de 10.00 a 14.00 horas, dirixida a estudantes. Esta iniciativa está organizada pola área de Emprego da Universidade da Coruña, dentro do Programa de Mellora da Empregabilidade. Participan responsables do Departamento de Recursos Humanos de empresas que exponen a súa experiencia e consellos para enfrontarse a un proceso de selección e tamén persoas emprendedoras que achegan a súa experiencia directa ou entidades que impulsan esta modalidade de inserción laboral.

A Facultade de Humanidades e Documentación acolle as Xornadas Literarias do Concello de Neda

A Facultade de Humanidades e Documentación do Campus de Ferrol acolle, este mércores 25 de abril, a primeira cita das Xornadas Literarias organizadas polo Concello de Neda coa axuda da Deputación e a Universidade da Coruña. A edición número 16 da convocatoria está dedicada á escritora Marguerite Yourcenar, novelista, poetisa e dramaturga de orixe belga e de nacionalidade estadounidense. “Memorias de Adriano” é a súa obra máis coñecida. O acto dará comezo ás 18.00 horas.

CAMPUS NAVAL, OCEÁNICO E INDUSTRIAL

ESPECIALIZACIÓN

O 83% dos matriculados elixe estudos vinculados ao sector industrial

DIFERENCIACIÓN

Gran variedade de carreiras no eido da enxeñaría e estudos superiores de carácter técnico

DIVERSIDADE

Unha comunidade de estudantes chegados de diferentes lugares, con diversas capacidades e en constante crecemento

CONTRASTES

Deporte, natureza, cultura, praia… Unha contorna envexable ao alcance da man

ESPECIALIZACIÓN
INDUSTRIAL

Carreiras de calidade docente moi consolidadas no sector industrial que contan cunha taxa de inserción laboral superior á media.

PATRIMONIO
ARQUITECTÓNICO

O Campus conta con emblemáticos edificios destinados a usos administrativos, de investigación e de estudo.

ALTA INSERCIÓN LABORAL

A taxa de inserción laboral dos nosos alumnos é superior á media nacional.

RESIDENCIA DE ESTUDANTES

A residencia pública universitaria atópase no céntrico barrio da Magdalena.

OFERTA ACADÉMICA

Múltiples posibilidades para completar a túa formación superior co máximo nivel de calidade.

TEMPO DE LECER

Ampla oferta cultural e deportiva nun entorno de contrastes entre a cidade, o mar e a industria.

MOBILIDADE INTERNACIONAL

Prácticas profesionais, cursos, bolsas e convenios que facilitan a internacionalización dos estudantes.

APOIO AO ESTUDANTE

Aulas de estudo, oferta deportiva, aloxamento compartido… Un Campus da man dos estudantes.

INVESTIGACIÓN E TRANSFERENCIA

Convocatorias anuais de premios para o apoio e impulso da investigación universitaria.

RELACIÓN COA EMPRESA

42 grupos e 155 liñas de investigación lideran a relación coa empresa na UDC desde Ferrol.

IGUALDADE DE XÉNERO

Todo o soporte técnico preciso para acadar os obxectivos de igualdade entre mulleres e homes.

O CAMPUS INDUSTRIAL DUNHA OLLADA

UNHA UNIVERSIDADE PARA TODOS

A Unidade Universitaria de Atención á Diversidade, dependente da Vicerreitoría do Campus de Ferrol e de Responsabilidade Social, creouse para atender aos membros da comunidade universitaria con discapacidade ou outras necesidades específicas.

 

O seu cometido principal é facilitar a plena integración do alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos que, por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimentan dificultades ou barreiras externas a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

Son profesora de Matemáticas no Campus de Ferrol da Universidade da Coruña. Teño visto nas miñas aulas alumnos e alumnas que agora ocupan postos destacados. Os centros de Esteiro e Serantes, coa súa docencia e investigación, contribúen á mellora da vida social, económica e cultural de Galicia e ese é o mellor orgullo para un profesor

Araceli Torres Miño, vicerreitora do Campus de Ferrol

Non todo vai ser estudar: deportes, praias espectaculares, natureza, cultura e vida social /

O Campus de Ferrol está situado na terceira concentración urbana de Galicia, cun centro en Serantes e o resto asentados entre as 67 especies arbóreas do xardín botánico de Esteiro, en edificios rehabilitados que conformaban o antigo Hospital de Mariña de Ferrol e outros de nova planta.

 

Moi preto están as praias de Pantín e Doniños, ideais para o surf e deportes acuáticos en xeral. O Centro Cultural Universitario de Esteiro acolle a oferta cultural do Campus, tanto os cursos e obradoiros (arte, teatro, música, fotografía…), como os ciclos de cinema ou exposicións.

 

En definitiva, a vida universitaria en Ferrol é un cúmulo de experiencias. Descúbreas no Campus Industrial de Ferrol!

ENDEREZO

R/ DR. VÁZQUEZ CABRERA S/N
15403 FERROL

CORREO ELECTRÓNICO

campus.industrial@udc.es

TELÉFONO

+34 981 337 400

CONTACTA CON NÓS